Blog Details

Radiografía do profesorado innovador na formación inicial docente nas IV XIGAID

30 Out 2026 - Novas
shape
shape
shape
Olalla García Fuentes, do GID PrInnoTecA, intervén nunha mesa de relatoras nas IV XIGAID da Universidade da Coruña

Como podemos axudar aos futuros docentes a descubrir o seu potencial para innovar? Esta foi a pregunta que Olalla García Fuentes, integrante do GID PrInnoTecA, levou ás IV XIGAID, celebradas o 22 de outubro na Universidade da Coruña. Na súa intervención, «Radiografía do profesorado innovador na formación inicial docente», compartiu unha experiencia na que o alumnado de Educación Primaria identifica as súas fortalezas e reflexiona sobre o que pode achegar a un equipo. Unha proposta para aprender que a innovación educativa se constrúe en colaboración e coa participación de todas as persoas.

Olalla García Fuentes, do GID PrInnoTecA, intervén nunha mesa de relatoras nas IV XIGAID da Universidade da Coruña

← Todas as novas

Prácticum, Innovación, Tecnoloxía e Aprendizaxe

Contacto