GID PrInnoTecA

Obxectivos

shape
shape
shape
Obxectivos

Grupo de Innovación Docente
PrInnoTecA

O Grupo de Innovación Docente (GID) PrInnoTecA créase no ano 2024 respostando á convocatoria da Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo. É unha continuidade do GID Innova_UVigo e está composto por doce docentes vinculados á Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense e a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra. Conta ademáis con persoal colaborador doutras universidades españolas.
O GID PrInnoTecA desenvolve actividades innovadoras nas aulas universitarias, procurando a renovación de metodoloxías educativas, o traballo cos ODS e a mellora das competencias docentes, particularmente nas relacionadas coa equidade, o uso de medios e recursos dixitais e a avaliación e seguemento dos procesos de ensino aprendizaxe, con especial fincapé nas prácticas de aula, prácticas externas curriculares (Prácticum), TFG e TFM.
Obxectivos

Os obxectivos do GID PrInnoTecA

01
Obxectivo

Artellar metodoloxías e actividades innovadoras que aseguren unha maior e mellor implicación dos estudantes universitarios, de xeito que as aprendizaxes e competencias adquiridas nas aulas teñan unha maior relación e nivel de excelencia coas previstas nos contextos profesionais.

02
Obxectivo

Aproveitar as oportunidades que brindan os recursos tecnolóxicos e dixitais para a mellora das aprendizaxes e o desenvolvemento profesional, experimentando novos usos e avaliando a súa eficacia e eficiencia no contexto de formación universitaria.

03
Obxectivo

Discutir, experimentar, consesuar e valorar un modelo de avaliación formativa, para a avaliación de competencias vinculadas coas Prácticas Externas curriculares (Practicum), os TFG e TFM en titulacións do ámbito das Ciencias da Educación.

04
Obxectivo

Realizar e diseminar experiencias e recursos innovadores, relacionados co obxectivo 4 dos ODS "Educación de Calidade" en escenarios universitarios específicos.

Prácticum, Innovación, Tecnología y Aprendizaje

Contacto