Novas

Bibliotecas Humanas na formación de docentes con perspectiva inclusiva

29 Out 2026 - Novas
shape
shape
shape
Cartel do proxecto de innovación educativa Bibliotecas Humanas na formación de docentes con perspectiva inclusiva, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo

Presentamos o proxecto de innovación educativa «Bibliotecas Humanas na formación de docentes con perspectiva inclusiva: experiencias que ensinan», desenvolvido na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.

Este proxecto innovador busca deseñar e implementar accións de innovación educativa na Facultade como, por exemplo, favorecer o sentido da responsabilidade e do traballo colaborativo, ao tempo que desenvolve no estudantado competencias, habilidades e coñecementos para comprender a diversidade.

Para a comunidade educativa e para a sociedade, permite acadar a inclusión social e educativa acorde cos novos retos sociais mediante unha achega multiaxente, multiprofesional e participativa, que só é posible contando coa colaboración sinérxica de especialistas no campo da educación.

Cartel do proxecto de innovación educativa Bibliotecas Humanas na formación de docentes con perspectiva inclusiva, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo

Referencias: BH-InclUEd (PINE-FCCED2605) e DI_COLEGA (PID2023-146966OB-C32).

← Todas as novas

Prácticum, Innovación, Tecnoloxía e Aprendizaxe

Contacto