Presentamos o proxecto de innovación educativa «Bibliotecas Humanas na formación de docentes con perspectiva inclusiva: experiencias que ensinan», desenvolvido na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.
Este proxecto innovador busca deseñar e implementar accións de innovación educativa na Facultade como, por exemplo, favorecer o sentido da responsabilidade e do traballo colaborativo, ao tempo que desenvolve no estudantado competencias, habilidades e coñecementos para comprender a diversidade.
Para a comunidade educativa e para a sociedade, permite acadar a inclusión social e educativa acorde cos novos retos sociais mediante unha achega multiaxente, multiprofesional e participativa, que só é posible contando coa colaboración sinérxica de especialistas no campo da educación.
Referencias: BH-InclUEd (PINE-FCCED2605) e DI_COLEGA (PID2023-146966OB-C32).

